para-que-sirve-la-geologia

Manuel Regueiro presenta o libro ‘¿Para qué sirve la geología?’

Manuel Regueiro y González-Barros, presidente do Ilustre Colexio de Geólogos e Xefe da área de Rocas e Minerais Industriais e da área de Relacións Externas e Transferencia do Instituto Xeolóxico e Mineiro de España; e Macarena Regueiro de Mergelina, actriz e dramaturga, publicaron ‘¿Para que sirve la geología?’, unha obra divulgativa que explica o labor do xeólogo e o idioma das pedras.

A publicación mestura capítulos didácticos con historias reais de xeólogos e os seus traballos de campo nun estilo máis literario co fin de achegar a utilidade destes profesionais á sociedade.

Regueiro presentará o libro a próxima semana na localidade onde leva décadas veraneando: Corme (Carballo, A Coruña) e contará coa participación de Minaría Sostible de Galicia. O escenario escollido para a presentación é moi representativo ao trarse dunha zona cunha xeoloxía única encadrada dentro da candidatura a Xeoparque Costa da Morte da Unesco.

Os interesados poderán acudir no Museo Arte Contemporánea Costa da Morte ás 20:00 o vindeiro mércores día 14 de agosto.

Programa

  • 20:00: Benvida
  • 20:10: Presentación Xeoparque Costa da Morte, Juan Ramón Vidal Romaní
  • 20:30: Presentación do libro Para que serve a xeoloxía?, Manuel Regueiro e González-Barros
  • 20:50: A minaría sostible en Galicia, Diego López, director de la COMG
  • 21:05: Peche, Lois García Carballido, alcalde de Ponteceso