cluster-granito-ayudas-igape

O Cluster do Granito recibe unha axuda do programa do IGAPE para internacionalización

O Clúster do Granito foi beneficiario dunha subvención da Xunta de Galicia a través do programa do IGAPE Galicia Exporta Organismos Intermedios.

Esta liña de axudas está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e ten por obxectivo apoiar os plans de internacionalización de agrupacións empresariais, consellos reguladores de denominacións de orixe, clústers e centros tecnolóxicos para consolidar a presenza das empresas que comparten intereses en determinados mercados, mediante a cooperación e o aproveitamento de sinerxias.

A subvención recibida polo Clúster do Granito é de 37.360 € para un plan que ascende a 46.700 € e no que participarán 11 empresas asociadas, o Plan de Internacionalización do Clúster do Granito 2019-2020. Dentro das accións previstas inclúese a visita a 6 feiras:

• Marmomacc 2019
• Stone Poznan 2019
• Middle East Stone 2019
• Coverings 2020
• Stone Tec 2020
• Natural Stone Show 2020

A meta é estimular o comercio exterior e consolidar a presenza das empresas de granito galegas en mercados internacionais.