08 Xul A COMG busca un administrativo/a
A Cámara Oficial Mineira de Galicia busca a unha persoa organizada, con iniciativa e dotes de comunicación para cubrir unha vacante na Coruña para realizar tarefas administrativas. Trátase dun posto estable no que son necesarios coñecementos sobre documentación pública e onde desenvolver unha carreira na área administrativa.
O seleccionado/a poderá gozar dun traballo a xornada completa de luns a venres, con horario de inverno de 8:30 a 14:30 e de 17:00 a 19:00, e horario de verán de 8:00 a 15:00. Con contratación directa por parte da COMG.
Requisitos
Para ser valorado/a nesta posición é necesario:
• Ter experiencia no desenvolvemento de tarefas administrativas, preferentemente xestión e tramitación de subvencións, certificados…
• Ter cursados estudos de grao/licenciatura/diplomatura, preferentemente en Dereito.
• Alto manexo de ofimática.
• Ser unha persoa polivalente, con orientación ao detalle e comunicativa.
• Dispoñibilidade de incorporación o 1 de xullo.
Responsabilidades
• Levar a cabo a atención telefónica e presencial da oficina.
• Manexar e preparar a documentación necesaria para a xestión de subvencións públicas.
• Emitir certificados e ocuparse da axenda do responsable, así como da facturación das cotas dos asociados.
Máis información e inscricións: https://www.adecco.es/oferta-traballo/ administrativoa-xestora-de-subvencións/?IDE=8 ed2502a-8e94-4 aad- ad36-46 ccadd85669