28 Mai Petición para situar á industria no centro do futuro da UE
- A COMG adhírese á coalición Industry4 Europe
A Cámara Oficial Mineira de Galicia ( COMG) quere reclamar a todos os candidatos ás eleccións europeas que se celebran nuns días un maior compromiso coa industria e, de maneira concreta, coas actividades extractivas, que son a fonte das materias primas para ela.
Para iso, na súa reunión do pasado 2 de novembro, a xunta directiva adheriuse á coalición
Industry4Europe, que agrupa por centos de organizacións de diversos sectores, para que a situación da industria da UE sexa un dos eixos clave das eleccións e do posterior período lexislativo.
Esta iniciativa emitiu o seguinte manifesto apelando aos candidatos de todos os países:
A industria é fundamental para Europa e os seus cidadáns
A industria europea está en todas as áreas da nosa vida diaria: desde as casas que construímos, os mobles que compramos, a roupa que nos poñemos, os alimentos que comemos, a atención médica que recibimos, a enerxía e os medios de transporte que usamos, ata os obxectos e produtos presentes na nosa vida. Coa súa man de obra cualificada e a súa reputación mundial de calidade e sustentabilidade, a industria é vital para Europa e a súa prosperidade. Hoxe en día, en toda Europa, 52 millóns de persoas e as súas familias benefícianse directa e indirectamente do emprego nos sectores industriais. As nosas cadeas de subministración, compostas por centos de miles de pequenas e medianas empresas (Pemes) innovadoras e grandes provedores, están a prosperar e exportando a excelencia industrial europea en todo o mundo.
Despois da crise financeira de 2008, millóns de empregos no sector manufactureiro europeo perdéronse, con consecuencias humanas e sociais dramáticas. Mesmo agora, aínda estamos lonxe dos niveis de emprego antes da crise, e con postos de traballo mais vulnerables por mor de tendencias internacionais preocupantes, incluído o aumento do proteccionismo. A Unión Europea necesita unha estratexia industrial ambiciosa para competir con outras rexións globais, como China, India e Estados Unidos, que xa puxeron á industria na parte máis alta da súa axenda política.
Por tanto, nós, os sectores industriais de todas as ramas, pedímoslles a vostedes, futuros
membros do Parlamento Europeo, que se comprometan a:
- Situar á industria na parte superior da axenda política do Parlamento Europeo durante
o próximo ciclo institucional (2019-2024) - Instar á próxima Comisión Europea a seleccionar á industria como unha das principais prioridades do seu Programa de Traballo de 5 anos e designar un Vicepresidente dedicado á Industria
- Asegurar que a próxima Comisión Europea presente rapidamente unha estratexia industrial ambiciosa da UE a longo prazo, que inclúa gobernanza e indicadores claros
Nós, os asinantes deste Manifesto, contamos co seu apoio para garantir que Europa siga sendo un centro para unha industria líder, intelixente, innovadora e sustentable, que beneficie a todos os europeos e as xeracións futuras. Europa pode estar orgullosa da súa industria. Xuntos debemos poñela no centro do futuro da UE.
O manifesto inicial contou con 147 organizacións europeas e, desde entón, varios centenares máis se adheriron á coalición Industry4 Europe.