20 Mai Publicada a ‘Guía para a rehabilitación de instalacións abandonadas de residuos mineiros’, do Ministerio para a Transición Ecolóxica
O Ministerio para a Transición Ecolóxica (MITECO) acaba de publicar un profundo documento técnico sobre restauración de explotacións mineiras denominado ‘Guía para a rehabilitación de instalacións abandonadas de residuos mineiros’ que foi elaborada polo Instituto Xeolóxico e Mineiro de España (IGME).
Esta publicación científica está concibida para ser descritiva e informativa, cubrindo o fundamental do deseño de medidas de actuación para a rehabilitación de instalacións de residuos mineiros abandonados.
Conta con referencias ás explotacións galegas de Touro, Meirama e As Pontes. Así como a outras de minaría de carbón, nas concas mineiras do Bierzo (León) e de Teruel, e outras dúas afectadas por minaría metálica, na contorna da Mina de Reocín (Cantabria) e na Serra Mineira de Cartaxena-A Unión (Murcia).
Forma parte dunha serie de traballos entre os que se incluía a elaboración dun procedemento para a realización dun inventario de instalacións pechadas e abandonadas de residuos mineiros, así como a elaboración de criterios técnicos para a priorización, segundo o risco, dos emprazamentos e das instalacións merecedoras de ser incluídas no inventario.