SOCIOS E MEMBROS
SOCIOS E MEMBROS
A participación dos socios na Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG) está recollida no Artigo 17 do seu Regulamento de Réxime Interior.
Serán socios da COMG as persoas físicas ou xurídicas, nacionais ou estranxeiras, que realicen actividades mineiras, incluída a restauración do espazo afectado e o tratamento de residuos mineiros, dentro do ámbito territorial de Galicia, procedéndose á adscrición de oficio das mesmas.
Entenderase que unha persoa física ou xurídica realiza unha actividade mineira cando por esta razón quede suxeita á lexislación mineira. Tamén poderán adquirir voluntariamente a condición de socios as persoas físicas ou xurídicas que realicen actividades relacionadas coa minaría, non suxeitas á lexislación mineira nin ao ámbito de actuación da autoridade mineira, incluídas as asociacións legalmente constituídas, os centros educativos e os colexios profesionais.
Los socios se clasificarán de oficio en los siguientes grupos, en base a las actividades mineras que realicen:
Formado polos titulares e solicitantes de dereitos de investigación ou exploración, así como as asociacións e entidades representativas dos intereses deste grupo.
Formado por titulares, solicitantes e explotadores de dereitos de explotación ou aproveitamento de augas sometidas á lexislación mineira, así como as asociacións e entidades representativas dos intereses deste grupo.
Formado por titulares, solicitantes e explotadores de dereitos de explotación ou aproveitamento de recursos enerxéticos, así como as asociacións e entidades representativas dos intereses deste grupo.
Formado por titulares, solicitantes e explotadores de dereitos de explotación ou aproveitamento de recursos metálicos, así como as asociacións e entidades representativas dos intereses deste grupo.
Formado por titulares, solicitantes e explotadores de dereitos de explotación ou aproveitamento de rochas e minerais industriais, así como as asociacións e entidades representativas dos intereses deste grupo.
Formado por titulares, solicitantes e explotadores de dereitos de explotación ou aproveitamento de rochas ornamentais, así como as asociacións e entidades representativas dos intereses deste grupo..
Formado por titulares, solicitantes e explotadores de dereitos de explotación ou aproveitamento de produtos de canteira, así como as asociacións e entidades representativas dos intereses deste grupo.
Formado por aquelas persoas naturais ou xurídicas, non incluídas nos grupos anteriores, que desenvolvan actividades reguladas pola lexislación mineira,
requiran da autorización ou supervisión da Administración competente en materia de minas no desenvolvemento da súa actividade ou desenvolvan servizos ao sector, así como as asociacións e entidades representativas dos intereses deste grupo.
Teñen a condición de membro os socios que estean ao corrente no pago dos recursos económicos para o mantemento da COMG fixado anualmente pola Asemblea.
A COMG presta adicionalmente servizos aos seus membros.