ASEMBLEA ORDINARIA 2026

cen anos de minería unidos polo futura de Galicia

Segundo o aprobado na reunión da Xunta Directiva da Cámara Oficial Mineira de Galicia do 12 de marzo, a Presidenta acorda convocar a Asemblea en sesión ordinaria o vindeiro xoves 9 de abril, que se levará a cabo na Coruña, nas instalacións do edificio Afundación, Rúa Cantón Grande, nº 8 (ubicación)

A Asemblea Ordinaria da COMG terá lugar ás 9:30 h en primeira convocatoria e ás 10:00 h en segunda convocatoria. Contaremos coa presenza de representantes de Consellería de Economía e Industria.

A Orde do Día en virtude do artigo 17 do Regulamento de Réxime Interior (RRI), será a seguinte:

1º. Lectura e aprobación, se procede, da acta da Asemblea Ordinaria do ano 2025.

2º. Informe e propostas da Presidenta. Memoria 2025.

3º. Lectura, discusión e votación da conta xeral de ingresos e gastos do ano 2025.

4º. Aprobación, se procede, da xestión da Xunta Directiva.

5º. Aprobación, se procede, do orzamento de ingresos e gastos para o ano 2026.

6º. Actualización do censo de socios electores e elixibles.

7º. Aprobación das cotas ordinarias e extraordinarias necesarias para o sostemento dos gastos xerais.

8º. Rogos e preguntas.

A continuación, sobre as 13:30 h terá lugar a INAUGURACIÓN DA PLACA CONMEMORATIVA DO CENTENARIO da Cámara na primeria sede na Rúa Riego de Auga, 27, A Coruña.

Rematados os actos haberá unha comida no Restaurante Leirón, na novena planta do Sporting Club Casino, (ubicación) cun custe de 40 €, asumido individualmente por cada asistente.

É imprescindible confirmar asistencia previamente enviando mail a cmg@camaraminera.org, indicando se asistes á Asemblea, ou a comida ou a ambas.

O prazo para inscribirse remata o martes día 31 de marzo.