A Cámara Mineira de Galicia (COMG) e Aminer (Asociación Española de la Minería Metálica) celebran o vindeiro martes, 17 de marzo de 2026, a xornada ‘De Galicia a Europa: marco normativo y tramitación administrativa para una minería estratégica’, no Hotel Monumento San Francisco (Santiago de Compostela).
O encontro nace coa vontade de crear un espazo de diálogo e coordinación arredor da tramitación e do marco xurídico-administrativo aplicable á minería estratéxica, incorporando unha visión galega, estatal e europea, e poñendo o foco na súa contribución ao desenvolvemento socioeconómico e na proxección de Galicia como referente no sector.
A xornada arrancará coa benvida institucional a cargo da presidenta da COMG, Cecilia Trancón, e incluirá dúas mesas redondas centradas, por unha banda, na tramitación eficiente para unha minería competitiva e estratéxica e, pola outra, no contexto administrativo rexional, tomando como referencia os modelos de Galicia e Andalucía.
No apartado institucional, Aminer presentará a súa memoria socioeconómica e as principais liñas do congreso Mining and Minerals Hall 2026 (MMH 2026), que se celebrará en outubro en Sevilla.
A continuación, podes consultar o programa completo da xornada, para que é necesario inscribirse neste enlace: https://www.eventbrite.es/e/entradas-jornada-camara-oficial-mineira-de-galicia-aminer-1984865638556
Programa
- 09:30 | Recepción de asistentes
- 10:00 | Benvida ao evento
Cecilia Trancón, presidenta da Cámara Mineira de Galicia - 10:15 | Mesa 1: Tramitación eficiente para unha minería competitiva e estratéxica
- Julio César Valle, secretario e asesor xurídico da COMG(contexto galego)
- Antonio García, departamento legal Aminer (contexto nacional)
- Pablo Egerique, pendiente cargo (contexto internacional)
- 11:00 | Mesa 2: Contexto administrativo rexional: Galicia e Andalucía como referentes
- Pablo Fernández, director xeral de Planificación Enerxética e Minas
- Jesús Portillo, Dirección General de Minas (Junta de Andalucía)
- 11:30 | Pausa café
- 12:15 – 12:45 | Presentación institucional Aminer, memoria socioeconómica e MMH 2026
- Enrique Delgado, presidente de Aminer
- Fernando Arauz de Roble, comisario MMH
- 12:45 | Peche institucional: Conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana
- 13:00 horas Cóctel

