O MMH 2026 acolleu hoxe, mércores 21 de outubro, a cerimonia de entrega dos III Premios de Desenvolvemento Sostible da Fundación Minería y Vida, celebrada ás 13:00 horas na Sala Itálica – Aminer. Durante a xornada púxose o foco en iniciativas vencelladas á innovación, á xestión ambiental e á contribución do sector mineiro á transición ecolóxica.
Entre os proxectos recoñecidos atópanse dous membros da COMG. O premio na categoría Proxecto Destacado en Valor Engadido á Sociedade, subcategoría Innovación, recaeu en Áridos do Mendo, polo proxecto “Unha peme galega pioneira na valorización de áridos, ouro e minerais críticos”.
Así mesmo, PASEK Minerales foi distinguida na categoría Proxecto Destacado en Xestión Ambiental, subcategoría Neutralidade Climática, co proxecto “Minería innovadora para a captura permanente de carbono”.

Desde a Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG) valoramos especialmente que o MMH e a Fundación Minería y Vida recoñezan, a través destes premios, iniciativas impulsadas por dous membros, xa que contribúen a visibilizar o potencial do tecido mineiro-industrial de Galicia e a súa capacidade para avanzar en innovación, mellora ambiental e compromiso coa transición ecolóxica, reforzando ademais a proxección do sector a nivel estatal e internacional.
Ademais, Finanzauto, tamén membro da COMG, presentou no seu stand as súas solucións para unha minería máis eficiente, segura e sostible, con tecnoloxías de dixitalización e seguridade, equipos Cat e Sandvik, capacidades de remanufacturing, formación avanzada e ferramentas para a xestión de activos e frotas.
Toda a información do evento: Mining and Minerals Hall 2026 · Sevilla, 20-22 outubro.

