Áridos do Mendo, membro da COMG, participou na xornada sobre as convocatorias do Clúster 4 de Horizonte Europa, centrada na dixitalización e na industria, organizada pola Axencia Galega de Innovación (GAIN).
Nela presentáronse as novidades do novo Programa de Traballo do Clúster 4 para 2026, que ofrece financiamento para proxectos que impulsan a competitividade tecnolóxica e industrial mediante a transformación dixital, a fabricación avanzada e a integración da intelixencia artificial.
Pola súa banda, Áridos do Mendo participa no proxecto europeo PERMANENT. Este tipo de proxectos persiguen aumentar o acceso ás materias primas críticas para as cadeas de valor industriais nos sectores estratéxicos da UE.
Neste caso concreto, o proxecto está liderado pola compañía Técnicas Reunidas, S.A. e nel participan máis de 30 empresas e organismos europeos. O seu obxectivo é a fabricación en Europa de imáns permanentes (compoñentes fundamentais en motores eléctricos, aeroxeneradores, etc), incrementando en 20 veces a capacidade de produción destes elementos dentro da Unión Europea.
Se espera que este tipo de iniciativas contribúan á aplicación do plan de acción da UE sobre materias primas críticas, neste caso concreto, en relación coas terras raras.
Por iso, este proxecto ten unha elevada importancia estratéxica e pretende superar a debilidade que presenta a Unión Europea (UE) na fabricación de produtos que son esenciais para a dixitalización e a transición enerxética.
Pola súa banda, tamén se informou de que os Puntos Nacionais de Contacto do CDTI, Enrique Pelayo e Carlos Toledo, ofrecerán reunións bilaterais para consultas específicas cos participantes que o soliciten (previa inscrición).
Toda a información e o rexistro están dispoñibles na páxina oficial do evento.

