10 Xuñ A COMG acompañou a CAVISA na visita de escolares ás súas instalacións en Vimianzo
A Cámara Oficial Mineira de Galicia acompañou a Caolines de Vimianzo (CAVISA) na visita de escolares do CEIP Baiñas ás súas instalacións o pasado 30 de maio.
Os estudantes recorreron o recinto e coñeceron a historia da compañía, acompañados polas responsables da mina, da Cámara Mineira, do Director de ARIGAL e da alcaldesa e a concelleira de Vimianzo. Tamén púxose en valor a variedade de recursos minerais de Galicia e as súas aplicacións a través de contidos de divulgación da plataforma de Minaría Sostible de Galicia.
A xornada rematou cun obradoiro de fabricación de arxila e micas da mina de Vimianzo e coa plantación de 24 bidueiros nun terreo dentro da concesión mineira. Finalmente, se repartiron aos escolares axendas mineiras do vindeiro curso 2024-25. Esta actividade forma parte do programa ‘Coñece o teu entorno’ do Concello de Vimianzo.