Plantilla fotos web comg

Aberto o período de presentación de candidaturas para as eleccións da COMG ata o 1 de abril

O pasado 10 de xaneiro produciuse a apertura do proceso electoral para renovar o 50% dos membros da Xunta Directiva da Cámara Oficial Mineira de Galicia. Desde que se aprobou o novo regulamento, é a primeira vez que corresponde celebrar este proceso electoral, co que se prevé a renovación, cada tres anos, da metade dos membros da Xunta Directiva da COMG.

Ata a data, o proceso electoral está a transcorrer con normalidade. Atopámonos no período de presentación de candidaturas, cuxa apertura se produciu o 15 de marzo, tras a convocatoria oficial de eleccións e a publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG), e estenderase ata o 1 de abril.

Posteriormente, a Xunta Electoral, tras comprobar o cumprimento de todos os requisitos necesarios, proclamará aos candidatos ás eleccións nun prazo de 5 días hábiles.

Se o número de candidaturas é o mesmo que o de vogalías, a proclamación equivalerá á elección. Se o número de candidaturas é inferior ao de vogalías, a Xunta Electoral dará por electos aos proclamados e seleccionará, nun prazo de 8 días, por sorteo, aos que deberán ocupar as vacantes. Pola contra, se o número de candidatos proclamados é maior que o de vogalías, celebraranse eleccións o 29 de abril de 2024.

O calendario, a documentación e toda a información necesaria para realizar os trámites vinculados ao proceso electoral está dispoñible na páxina web da COMG. Para calquera dúbida ao respecto, poñémonos a disposición a través do correo electrónico cmg@camaraminera.org.