13

A Cámara Oficial Mineira de Galicia subscribe a Declaración de Amberes para un Acordo Industrial Europeo

O 20 de febreiro, un total de 476 empresas e organizacións de 20 sectores, entre elas a Cámara Oficial Mineira de Galicia, ratificaron a Declaración de Amberes para un Acordo Industrial Europeo. A firma deste acordo implica o pleno apoio a un Pacto Industrial Europeo que complemente o Pacto Verde e manteña en Europa postos de traballo de alta calidade.

O obxectivo do acordo é poñer de manifesto a necesidade dunha política industrial específica para Europa, que lle outorgue independencia e competitividade, visibilizando o seu papel como continente de produción industrial e non só de innovación industrial. Ademais, recoñece como fundamental que as industrias básicas e intensivas en enerxía permanezan e invistan en Europa, con vistas a alcanzar a neutralidade climática en 2050.

A declaración insta os Gobernos dos Estados membros, á próxima Comisión Europea e ao Parlamento Europeo a poñer en marcha dez medidas:

  • Situar o Pacto Industrial no centro da nova Axenda Estratéxica Europea para o período 2024-2029. 
  • Incluír un sólido capítulo de financiamento público cun Fondo para o Despregamento de Tecnoloxías Limpas. 
  • Convertir a Europa nun provedor de enerxía competitivo a escala mundial. 
  • Centrarse nas infraestruturas que necesita Europa. 
  • Aumentar a seguridade das materias primas da Unión Europea. 
  • Impulsar a demanda de produtos Net Zero, baixos en carbono e circulares. 
  • Aproveitar, facer cumplir, reactivar e mellorar o mercado único. 
  • Facer máis intelixente o campo da innovación. 
  • Promover un novo espírito lexislativo. 
  • Garantizar que a estrutura permita obter resultados. 

Toda a información sobre a Declaración de Amberes e a lista de firmantes pode consultarse na seguinte ligazón.