10 Dec A COMG está a organizar os cursos de formación preventiva 2023
A Cámara Oficial Mineira de Galicia está a planificar os cursos de formación preventiva dos que poderán ser beneficiarias as empresas mineiras de Galicia durante 2024. Estas formacións, que se impartirán nas catro provincias galegas, teñen carácter gratuíto, xa que están subvencionados polas axudas á seguridade mineira da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas (Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico).
Para definir o catálogo de cursos, a COMG lanzou recentemente unha enquisa entre os seus membros e socios, para coñecer as necesidades de empresas e traballadores. As formacións ofertadas exponse cursos segundo o disposto na ITC 02.1.02 «Formación preventiva para o desempeño do posto de traballo», para a prevención de riscos e seguridade mineira, no ámbito dunha minería sostible, das actividades mineiras non enerxéticas.
Algunhas das temáticas propostas son riscos en seguridade, riscos hixiénicos e ergonómicos ou formacións específicas como primeiros auxilios e simulacros de evacuación en caso de emerxencia.Palabras descoñecidas.