Mineria urbana makers comg

A CÁMARA OFICIAL MINEIRA DE GALICIA PARTICIPOU NO OBRADOIRO ‘MINARÍA URBANA PARA MAKERS’

A Materioteca de Galicia, situada no CIS Tecnoloxía e Deseño de Ferrol, acolleu o pasado venres un obradoiro de minaría urbana para makers. Este obradoiro, organizado pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN), constaba dunha parte expositiva, un obradoiro práctico e unha mostra de proxectos.

Esta xornada foi un lugar de intercambio de información, experiencias e oportunidades en torno á recuperación e reutilización de residuos de equipos eléctricos e electrónicos (RAEE). Os RAEE teñen un impacto ambiental moi negativo se non se xestionan adecuadamente. En particular, o arsénico, o cadmio, o chumbo e o mercurio son considerados críticos pola Unión Europea. A minaría urbana considera os compoñentes dos dispositivos eléctricos e electrónicos como materias primas útiles para novos proxectos, o que contribúe á economía circular.

Os participantes nas charlas e mesas redondas foron profesionais de diversos ámbitos, que aportaron visión e experiencia sobre a sustentabilidade e a economía circular, entre os que se atopaban expertos en medio ambiente, minaría e representantes do colectivo iFixit e Maker.

Aitor Puente, director da Asociación Galega de Áridos e representante da Cámara Oficial Mineira de Galicia, presentou as súas ideas sobre xestión de recursos e minqría sostible na mesa redonda ‘O papel do movemento Maker e iFixit na minería urbana e a economía circular : presente. e futuro’.

Ademais da parte expositiva, os participantes puideron asistir a un obradoiro práctico de Introdución á recuperación e reutilización de RAEE nos proxectos Maker, no que se achegaron nocións básicas sobre os compoñentes máis habituais que se poden empregar e o tipo de proxectos que se poden levar a cabo.