02 Out Prazas esgotadas para as visitas guiadas ao roteiro das Minas da Silvarosa
O vindeiro sábado 7 de outubro decenas de persoas terán a oportunidade de coñecer as Minas da Silvarosa, así como as instalacións industriais asociadas a esta e a súa contorna natural da man do xeólogo Eduardo Clavijo.
Estes roteiros guiados –a primeira ás 10.00 horas e a segundo ás 16.00- foron organizadas pola Cámara Oficial Mineira de Galicia coa axuda da Xunta de Galicia, a Comunidade de montes de Vieiro e o Concello de Viveiro.
O obxectivo desta visita é dar a coñecer estas antigas minas que foron explotadas intermitentemente entre os anos 1896 e 1966 e que representaron un dos xacementos máis importantes de ferro de Galicia.