17 Out Tejas Verea celebra a súa xornada de portas abertas
A empresa Tejas Verea levou a cabo unha xornada de portas abertas co obxectivo mostrar aos veciños da súa fábrica en Mesía e aos dos concellos limítrofes a transformación da empresa, a través dunha exposición de fotografías antigas.
Os máis de 60 visitantes puideron percorrer 5 décadas de historia en fotos inéditas nas que se mostran os inicios da fábrica en 1967, recordos de traballadores que formaron parte do equipo e a evolución das instalacións e arredores en Mesía. Tamén descubrirán como ven os tellados de Galicia desde as alturas.
Durante a visita compartiuse ademais un aperitivo de produtos galegos de proximidade e unha selección de produtos da granxa ecolóxica Casa Grande de Xanceda. Ademais, os asistentes puideron comprobar en directo como se fabricaban antigamente as tellas da man dun auténtico cabaqueiro.