05 Xul Canteras de Lalín, a primeira explotación de pedra europea que obtén o selo Ecolabel
Canteras de Lalín, empresa mineira familiar galega con máis de 40 anos de experiencia nos labores de extracción de granito, converteuse na primeira explotación de pedra natural de Europa en conseguir a nova etiqueta ecolóxica Ecolabel.
Esta etiqueta é un dos instrumentos incluídos no Plan de Acción Comunitario de Produción e Consumo Sostible e Política Industrial Sostible da Unión Europea e conta co respaldo das autoridades ambientais da UE e dos Estados Membros.
A canteira situada en Pedroso (Lalín, Pontevedra) conta con 19 empregados e extrae o granito natural Silvestre CDL. A empresa puido acreditar que cumpre os estándares do distintivo Ecolabel, unha etiqueta moi esixente que proporciona á consumidores información exacta e con base científica.
Os produtos de pedra natural deben cumprir os requisitos establecidos na categoría ‘Revestimentos ríxidos’, establecendo unha serie de puntuacións en función do maior ou menor cumprimento destes, e tendo que obter unha puntuación final global mínima.
En palabras de Eva Portas, de Steinn Consulting, consultora encargada da obtención da etiqueta: “Foi realmente fácil obter a etiqueta Ecolabel para Canteiras de Lalín, xa que nos limitamos soamente a ordenar e plasmar a información requirida. A liña de traballo desta empresa no sentido do respecto ambiental estaba xa resolta”.
Despois dun cambio xeracional na empresa, “establecemos a prioridade de traballar sendo respectuosos coa nosa contorna natural e rural. Reflexionamos sobre como podiamos ofrecer un produto máis natural e máis respectuoso coa contorna para así colaborar na redución de emisións e consumos en todo o proceso produtivo. En Ecolabel vimos a ferramenta e o vehículo perfecto co cal poder acreditar todas as transformacións levadas a cabo nos nosos procesos para reducir o noso impacto no medio natural”, explica Mario Villanueva, xerente de Canteras de Lalín.
Entre os puntos crave para obter a puntuación necesaria para obter a etiqueta Ecolabel, destaca que Canteiras de Lalín mantén un inventario enerxético e consome un 100% de enerxía de fontes renovables grazas á instalación de placas fotovoltaicas. Ademais, recicla todo tipo de residuos. Outros dos criterios esixidos por Ecolabel, e para o que Canteiras de Lalín obtivo unha boa puntuación, é a xestión da auga consumida para a súa recirculación e aproveitamento, o control do po e o ruído xerado e a realización de ensaios e controis de produción para a marcado CE.