27 Mai O ‘II Simposio Mujer y Minería’ celebrarase en Santiago de Compostela
Os próximos días 16 e 17 de xuño celebrarase na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela a segunda edición do simposio nacional Mujer y Minería.
O encontro está a ser organizado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos e Graos en Minas e Enerxía de Galicia, coa colaboración da Cámara Oficial Mineira de Galicia e a plataforma Minaría Sostible de Galicia; e co patrocinio da Xunta de Galicia.
Estas xornadas, que se desenvolverán a través de relatorios e mesas redondas, teñen como obxectivo recoñecer o papel da muller no sector nos diferentes ámbitos da industria extractiva.
O Simposio, que se desenvolverá ambos días no Auditorio 1 do Edificio CINC, contará coa participación e presenza de profesionais destacadas do sector, así como coa intervención de representantes políticos da Xunta de Galicia.
Accede á seguinte ligazón para coñecer o programa e inscribirte: https://coitmgalicia.com/simposio-mujer-mineria.asp