13 Out As Normas UNE de Xestión Mineira Sostible, unha certificación para pequenas e grandes empresas
O sector mineiro galego continúa avanzando cara á sostenibilidade e a excelencia. Un exemplo diso son as empresas extractivas que neste momento atópanse implantando as normas UNE 22480 e a UNE 22470 de Xestión Mineira Sostible, entre elas: Canteras de Richinol, Canteras del Arenal, Magnesitas de Rubián, Cobre San Rafael, Prebetong Lugo, Tejas Verea, Epifanio Campo, Refractarios Campo, Pasek Minerales e Explotación de Rocas y Minerales SA.
A Xunta de Galicia e a Cámara Oficial Mineira de Galicia impulsan o desarrollo destas implantacións a través dun convenio de colaboración.
Trátase dun sistema de xestión que permite mellorar o control, por medio de indicadores, de parámetros de tipo económico, social e ambiental, podendo servir para compararse cos doutras instalacións propias ou externas dentro do sector da actividade, permitindo establecer obxectivos de mellora continua.
Unha das características deste Sistema de Xestión Mineira Sostible é que é aplicable a calquera tipo de empresa, tanto en tamaño -pequenas, medianas ou grandes empresas- como en actividade –empresas de áridos, granito, lousa, cerámica, minerais industriais ou metais-.