METAIS

Os metais ocuparon un lugar destacado na sociedade e economía galega desde a Prehistoria ata finais do século pasado. Explotáronse minas de cobre, ferro, wolframio, plomo-zinc, ouro e plata que contribuíron en gran medida ao desenvolvemento industrial da comunidade.

Na actualidade, os metais do chan galego volveron a ter un valor óptimo no mercado. Esta transformación no sector produciuse grazas ao desenvolvemneo tecnolóxico e a gran demanda de materias primas. Os metais son a base de:

  • Dispositivos tecnolóxicos
  • Equipos médicos
  • Aeroxeradores
  • Coches eléctricos

Estos son só alguns poucos exemplos, pero os metáis estan presentes en calquera ámbito industrial e a demanda mundial deste tipo de minerais ante o desenvolvemento da enerxía limpa e a movilidade sostible está alcanzando niveis históricos.

Na actualidade só se explota coltán e ouro en Galicia, pero dende o sector estase tentado abrir novos proxectos.

Cobre

O cobre é o metal da transición enerxética, usado nas enerxías verdes e construccións ecolóxicas. Por exemplo, un coche eléctrico contén 20 kilogramos deste material.

A producción de cobre na comarca de Touro-O Pino foi unha constante durante o século XX e actualmente, có aumento exponencial da demanda deste metal, existe un proxecto para a reapertura y a ampliación da mina.

Úsase en múltiples ámbitos, tanto para fabricar equipos médicos como fertilizantes, e tamén está presente no teu teléfono e ordenador, por o que é un mineral do pasado, pero tamén do futuro.

Coltán

O coltán é un mineral esencial para a fabricación de componentes electrónicos, de feito, o seu uso permite reducir o volumen e peso dos teléfonos intelixentes.

En Galicia está localizada a única mina de coltán do sur de Europa. Trátase da explotación Penouta, en Viana do Bolo (Ourense).

O coltán galego é un ‘producto libre de conflicto’ e que ademáis promove a economía circular, xa que o metal extraese de balsas de inertes e do vertedoiro de unha anterior actividade mineira.

Ouro

A día de hoxe non hai ningunha mina de ouro activa, a súa extracción ten unha gran tradición no territorio galego. Este material precioso utilizouse dende a Prehistoria, ocupando un lugar moi destacado na Galaecia romana.

Actualmente, en Salvaterra de Miño (Pontevedra), a empresa Áridos do Mendo dedica parte dos seus recursos á explotación de ouro procedente do xacemento fluvial de onde extrae gravas e arenas.

Estaño

O estaño foi un dos primeiros metais empregados en Galicia na Prehistoria. A explotación reactivouse coa reapertura da mina de San Finx e a extracción de cantidades significativas na mina de coltán de Viana do Bolo (Ourense).

Este metal ten múltiples usos, pero fundamentalmente emprégase para a producción de latas de conserva, instrumentos musicais, vidrio, pasta de dentes, semiconductores, en categorías de pinturas de especial resistencia, así como na industria aeroespacial.

Wolframio

A capacidade deste metal para endurecer o aceiro fixoo imprescindible para a industria militar, por o que a súa demanda disparouse durante as primeiras décadas do século XX, especialmente durante as dúas Guerras Mundiales.

A súa demanda reactivouse no século XXI, por o que unha iniciativa empresarial obtuvo licencia para extraerlo da mina de San Finx -A Coruña-. Sin embargo a falta de permisos ambientais deixou á mina sen producción dende 2017.

Hoxe en día usámolo para fabricar ferramentas de corte, brocas de uso doméstico, útiles de dentistas, puntas de bolígrafo ou aletas de avión.