21 Mai Acércase a RawMaterials Summit 2021
A conferencia mundial de innovación e tecnoloxía no sector das materias primas, RawMaterials Summit, celebrarase en modalidade online o próximo 17 de xuño.
Esta edición reunirá aos líderes da industria, empresarios, lexisladores e académicos máis destacados de Europa localizados en distintas partes da cadena de valor das materias primas. A principal finalidade é mostrar os avances no terreo da innovación que permitirá alcanzar os obxectivos do Acordo Verde da Unión Europea, para un futuro sin emisións de carbono.
A economía circular como ferramenta para alcanzar a neutralidade climática
A recente actualización da estratexia industrial da UE confirmou que as materias primas seguen sendo unha área primordial para o crecemento da comunidade. Este ano reafirmarase, por parte de European Raw Materials Alliance (ERMA), o compromiso de asegurar o suministro destos materiais para unha Europa máis resistente e verde.
No camiño cara a transición verde e dixital da Unión Europea, a ampliación da economía circular xogará un papel fundamental. RawMaterials Summit 2021 transmitirá debates en vivo sobre as últimas tendencias en torno a este tema: innovación tecnolóxica, política e normativa para permitir a prosperidade dos ecosistemas.
RawMaterials Summit 2021
O programa desta cumbre versará en torno a 3 eixos principais:
- A educación e a innovación en materias primas
- A alianza europea de materias primas
- O cambio de paradigma na economía circular
O rexistro para formar parte desta edición está dispoñible na súa páxina web, en onde tamén se encontra o programa completo do evento.
RawMaterials Summit é o evento insignia organizado por o EIT Raw Materials, o consorcio máis grande do mundo no desarrollo de materias primas. O obxectivo principal desta organización é converteir este elemento nunha das principales fortalezas productivas da Comunidade Europea.
A innovación, a educación e o esprírito empresarial ao longo de toda a cadena de valor, son os pilares que sustenta a filosofía de RawMaterials para conseguir un suministro sostible.