cantera-pizarra

Empresas de Galicia buscan colocadores de lousa para destinalos a outros países

As empresas de lousa buscan colocadores de lousa para traballar tanto en Galicia coma en varios países importadores desta pedra natural da Unión Europea, coma Francia, Reino Unido e Alemaña.

As comarcas de Quiroga, Bretoña, Fonsagrada e Valdeorras, contan na actualidade con 42 empresas que exportan este mineral por un valor de 151 millóns de euros. Deste xeito conseguen manter os 2.400 empregos directos. A Escola de Colocadores na comarca de Valdeorras, ten un ciclo de Formación Profesional gratuíto denominado ciclo medio de construción, onde durante dous anos trabállase cos alumnos para que aprendan a ser colocadores de lousa.

O xerente do Clúster da Lousa, Severino González, afirma que hai reservas de lousa para un longo período de tempo, asegurando a existencia desta actividade durante anos. “Outra cousa é que sexa rendíbel extraela, pero quedan reservas moi importantes”, tamén relatou que “espera ca demanda de lousa vaia en aumento nos próximos anos”.

Imaxe: El País