asamblea-camara-2020

A COMG celebrou a súa Asamblea Ordinaria de 2020

O pasado 23 de abril a Cámara Oficial Mineira de Galicia levou a cabo a súa Asemblea en sesión ordinaria do ano 2020. O encontro, celebrado de maneira telemática, foi dirixido polo presidente da Cámara, Juan de Dios Martín Aparicio, e polo director da mesma, Diego López González.

Na súa exposición, ambos os hiceron fincapé nas actividades levadas a cabo pola entidade, todas elas encamiñadas a representar e defender o sector mineiro galego desde diferentes perspectivas. Durante o pasado ano, a COMG participou en 52 eventos e mantivo 224 reunións, tanto con administracións públicas como con entidades e empresas. Este último ano tamén se renovou a presenza da Cámara en medios dixitais cunha nova páxina web e co lanzamento de perfís en redes sociais.

Así mesmo, fíxose balance do primeiro ano de vida de Minaría Sostible de Galicia, a plataforma coordinada pola COMG que pretende mellorar as prácticas do sector e poñer en valor as actuacións realizadas a través de eventos e comunicación dixital.

Desde MSG puxéronse en marcha xornadas cunha gran resposta por parte do público como o evento de presentación da plataforma, a xornada ‘Turismo e Patrimonio Xeolóxico e Mineiro” ou a participación do Día da Ciencia na Rúa.

Tamén destacou a coordinación do Minerals Day 2019, unha data celebrada en toda Europa para poñer en valor a minaría e a súa importancia nas diferentes rexións. Nesta ocasión Galicia foi un dos lugares que máis eventos reuniu coa xornada ‘A minería, motor do desenvolvemento social’ ou o acto central no Porriño coa visita dun centenar de escolares á canteira de Blokdegal e a Minergal, entre outros.

Os labores de asistencia técnica tamén destacaron nesta etapa, desde o mantemento da ferramenta do Catastro Mineiro de Galicia ata a resolución de consultas, cuxa cifra sumou un 61% máis que en 2018.

A COMG tamén leva a cabo acciones formativas, durante o pasado ano foron 231 alumnos os que se beneficiaron de cursos de formación preventiva.

Ademais, mencionáronse algúns dos fitos relacionados coa defensa do sector, como a entrada en vigor da Lei de Aproveitamento de usos lúdicos de augas termais ou a participación na elaboración da ITC. MIE. S. M 02.0.02- Dirección Facultativa.

Outro punto da Asemblea estivo centrado na discusión e votación do balance económico e a conta xeral de ingresos e gastos do ano 2019, aprobados por unanimidade. Así mesmo, de cara a este ano 2020, aprobouse tamén o orzamento de ingresos e gastos anuais.

Durante a Asemblea tivo lugar a aprobación da proposta de composición da próxima Xunta Directiva, así como a súa inclusión como anexo no Regulamento para o Réxime Interior.

Por último, para as eleccións da COMG que terán lugar este ano, levouse a cabo a aprobación do censo actualizado de socios electores e elegibles.