GAIN Xunta de Galicia

Últimos días para solicitar os bonos de innovación convocados por GAIN

O próximo día 11 de xullo finaliza o prazo de presentación de solicitudes do Programa Bonos Innovación, unha iniciativa lanzada pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) e cuxo obxectivo é o impulso da innovación en pemes e micropemes.

Trátase de subvencións a fondo perdido previa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva. Están dirixidas a pemes e micropemes que realicen actividades de innovación que poidan levar a cabo de forma inmediata a través da contratación de servizos profesionais externos para dar un salto cualitativo e cuantitativo na súa actividade de I+D+i.