REPOSITORIO DE XORNADAS E WEBINARS

Unha das funcións da Oficina de Impulso de Proxectos Europeos é impulsar a participación dos diferentes axentes do sector mineiro en proxectos europeos.

Consulta toda a información sobre os webinars organizados pola OIPE. Para calquera dúbida ou proposta, podes escribir a camaraimpulsa@camaraminera.org

ACCEDE ÁS XORNADAS E WEBINARS DA OIPE

See Bridge
Xornada técnica ‘Economía Circular en Restauracións Mineiras’
O 11 de marzo de 2025, a Oficina de Impulso de Proxectos Europeos (OIPE) celebrou a xornada técnica ‘Economía Circular en Restauracións Mineiras’. Na primeira parte do encontro realizáronse catro relatorios, centrados no marco xurídico que regula a rehabilitación dos espazos afectados pola actividade mineira; o uso de residuos na formulación dos tecnosolos dacordo coa normativa; e a exposición de casos de éxito. A modo de peche, os relatores participaron nunha mesa redonda, na que revisaron o marco legal que protexe a xestión das restauracións en entornos mineiros e comentaron os beneficios da aplicación de certas técnicas de rehabilitación ambiental, entre outros temas.
See Bridge
Xornada de posta en valor dos resultados da Oficina de Impulso de Proxectos Europeos (OIPE) do ano 2024

O 5 de decembro de 2024 celebrouse no Hotel Monumento San Francisco a xornada de peche anual da Oficina de Impulso de Proxectos Europeos (OIPE). No evento, dunha banda, realizouse una exposición das diferentes actuacións levadas a cabo no ano 2024 e destacáronse os diferentes indicadores de logro asociados ás mesmas. Doutra banda, contouse coa participación de ARIGAL na presentación do Proxecto MIN_CIRC, e na actualización do timeline do proxecto, a conformación do consorcio, o punto no que se atopa e os próximos pasos a dar.

See Bridge
Programa de Financiamento Europeo Empleaverde+ e Proxecto MIN_CIRC
O 24 de setembro de 2024, a Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG) celebrou con éxito o seminario online centrado no Programa de Financiamento Europeo Empleaverde+ da Fundación Biodiversidade e o proxecto MIN_CIRC para o desenvolvemento mineiro circular. Neste webinar participaron dous expertos no programa Empleaverde+, que explicaron en detalle as oportunidades que ofrece para fomentar a economía verde e a creación de emprego sostible. Doutra banda, a COMG expuxo o proxecto MIN_CIRC, unha iniciativa que se presentará á próxima convocatoria do programa Empleaverde+, co obxectivo de cualificar profesionais para promover un desenvolvemento mineiro máis circular e sostible, e será impulsada coa axuda da Oficina de Impulso de Proxectos Europeos (OIPE).
See Bridge
Construíndo xuntos: estratexias para a constitución exitosa de consorcios en proxectos europeos

O 25 de xuño celebrouse o primeiro webinar de 2024 organizado pola Oficina de Impulso de Proxectos Europeos (OIPE): “Construíndo xuntos: estratexias para a constitución exitosa de consorcios en proxectos europeos”. Nesta xornada abordáronse os aspectos máis relevantes da búsqueda e formación de consorcios na captación de financiación europea para iniciativas no eido da I+D+i. A dinámica da xornada foi unha mesa redonda na que contamos coa experiencia dun axente clave nesta materia: o Centro Tecnolóxico de Investigación Multisectorial – CETIM.

See Bridge
Xornada de posta en valor dos resultados da Oficina de Impulso de Proxectos Europeos (OIPE) do ano 2023

FEUGA (Fundación Empresa – Universidade Galega) acolleu o 29 de novembro de 2023 a Xornada de posta en valor dos resultados da Oficina para a captación, a coordinación e o seguimento de fondos europeos de investigación, innovación e modernización. Unha xornada á que tamén foi posible asistir online. Neste evento presentáronse os resultados obtidos na actividade da OIPE a través dos diferentes fitos desenvolvidos, as candidaturas destacadas e os obxectivos de cara a 2024. Ademais, asistiron profesionais do ámbito da coordinación de proxectos europeos, os cales realizaron unha introdución dos diferentes tipos de financiamento e os mecanismos de adaptación.

See Bridge
Xornada de presentación da Oficina de Impulso de Proxectos Europeos (OIPE)

A Axencia Galega de Innovación acolleu o 3 de outubro de 2023 a Xornada de presentación da Oficina de Impulso de Proxectos Europeos (OIPE), evento no que se expuxeron as funcións que esta cumpre e os servizos que ofrece aos axentes que compoñen a Industria Mineira Galega en materia de innovación e desenvolvemento tecnolóxico. Nesta xornada estiveron presentes membros técnicos da Administración e profesionais do sector.