concurso-uvigo-minas

Volven os concursos de la Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Xa saíron á luz os carteis dos concursos que a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo ten preparados para o curso 2021-2022. Aínda que con distintas retos, todos eles pretenden poñer o foco na sustentabilidade ambiental e social.

Concurso Enfocar_ Rme 2021

Este concurso sen idade máxima de participación, reta aos concursantes para enviar as súas fotografías nas que se poña de relevo a importancia dos recursos mineiros e enerxéticos.

Premios

  • Categoría sénior (maiores de 16 anos)
    – Primeiro premio: un cheque de 300 €
    – Segundo premio: un cheque de 150 €
    – Accésit: un cheque de 50 €
  • Categoría júnior (menores de 16 anos)
    – Primeiro premio: un cheque de 150 €
    – Accésit: un cheque de 30 €

O prazo máximo para a presentación das fotografía é o 22 de novembro de 2021. Consulta aquí toda a información sobre o concurso.

Concurso Curtametraxes enerxéticas 2021

A este concurso poderán presentarse todas as curtametraxes cunha temática que xire ao redor da enerxía, no seu sentido máis amplo.

Premios

  • Primeiro premio: diploma e cheque por un valor de 300 €
  • Segundo premio: diploma e cheque por un valor de 150 €

O prazo máximo para a presentación das curtametraxes é o 22 de novembro de 2021. Consulta aquí toda a información sobre o concurso.

Concurso Escava_ Rme 2022

Un dos grandes retos da humanidade foi, desde a antigüidade, o arranque, carga e transporte de todo tipo de materiais para grandes proxectos, por exemplo: as pirámides de Exipto, a Gran Muralla ou as grandes catedrais de Europa. Por iso, desde a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, convidan a todo o alumnado de 3º e 4º  da ESO, bacharelato e dos ciclos de formación a asumir o reto Escava_ Rme, que consiste na construción dun equipo de escavación funcional.

Premios

  • Primeiro premio: diploma e cheque por un valor de 300 € para o centro educativo.
  • Segundo premio: diploma e cheque por un valor de 150 € para o centro educativo

O prazo máximo de inscrición é o 30 de marzo de 2022. Podes consultar todas as bases do concurso aquí.

Concurso Enerxiza_ Rme 2022

Este concurso está destinado aos alumnos de 3º e 4º da ESO, de bacharelato e de ciclos formativos, que deberán poñer a proba o seu enxeño e creatividade ao servizo da construción dunha maqueta dunha instalación eficiente.

Premios

  • Primeiro premio: diploma e cheque por un valor de 300 € para o centro educativo.
  • Segundo premio: diploma e cheque por un valor de 150 € para o centro educativo

O prazo máximo de inscrición é o 30 de marzo de 2022. Podes consultar todas as bases do concurso aquí.