REPRESENTACIÓN

Entre as funcións da Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG) encóntrase a de representar ao sector empresarial mineiro en Galicia. É a voz de todos os subsectores e empresas extractivas, así como a ponte de unión entre estes, a sociedade e a administración.

O obxectivo é trasladar as necesidades e demandas do sector e darlle a visibilidade que require, así como crear pontes de colaboración interinstitucional para mellorar o desenvolvemento da actividade en beneficio do sector, da súa proxección institucional e da sociedade galega.

Representación

Llevando a cabo las siguientes acciones:

  • Mantendo un contacto constante coa Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, que como administración mineira é o seu órgano tutelar.
  • Defendendo e promovendo os intereses mineiros dos socios ante os poderes lexislativos correspondentes, reuníndose con xefes institucionais a nivel autónomo e estatal e asistindo a numerosos foros, conferencias e eventos.
  • Actuando como corpo consultivo da Administración ante procesos lexislativos que afectan á industria mineira.
  • Facendo un exercicio de transparencia e divulgación ante a sociedade, promocionando o sector mineiro a través da investigación e da divulgación; a difusión de traballos, estudos e avances realizados en relación ás actividades extractivas.
  • Creando contidos con información actualizada e de interés para a ciudadanía con relación ás actividades mineiras.

A COMG forma parte dos seguintes grupos e entidades:

  • A Comisión de Garantía de Calidade da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo.
  • A Comisión de Calidade da Universidade de Vigo.
  • O Comité de xestión Mineira Sostible da UNE.
  • O Consello Galego de Economía e Competitividade da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia.
  • A Comisión de Apoio Técnico-Científico de Minas de San Finx.
  • O Comité Científico e o Comité Económico e Social de Montañas do Courel.
  • A Plataforma de Tecnoloxías Ambientais.
  • A Sociedade Española para a Defensa do Patrimonio Xeolóxico e Mineiro.
  • The International Committee for the Conservation of the Industrial Heritage.
  • A Plataforma Tecnolóxica Galega de Medioambiente.
  • A Asociación para o Progreso da Dirección.

Últimas reuniones