27 Out O sector mineiro de Galicia celebra a chegada da Axenda de Impulso da Minería
Juan José López, presidente da Cámara Oficial Minería de Galicia, celebrou que a Axenda de Impulso da Minería Sostible de Galicia 2030 desenvolvida pola Xunta Galicia sexa por fin unha realidade, tras meses de traballo, durante a súa intervención na segunda edición do evento ‘Minerais estratéxicos para a industria galega’, que tivo lugar esta mañá na Cidade da Cultura de Galicia de Santiago de Compostela.
A Axenda de Impulso da Minería Sostible de Galicia 2030 é a estratexia que impulsará o avance do sector a través da innovación, a sustentabilidade, a igualdade e que, por tanto, determinará o futuro do sector galego ao ser un “aliado estratéxico de todas as cadeas de valor e un elemento crave da industria 5.0”, sinalou López. Tamén destacou que “dita estratexia vai en liña co camiño que seguiu o sector extractivo durante os últimos anos, fomentando a sostibilidade, a innovación tecnolóxica e a xeración de emprego de calidade”.
O presidente da COMG aproveitou a ocasión para reflexionar acerca de que “foron uns anos convulsos para sectores estratéxicos en Galicia, como o tecnolóxico, o da construción ou o da automoción. Esta axenda posiciona as nosas materias primas como o motor destas industrias, a minería debe ser o punto de partida dunha cadea de valor completa e que non estea suxeita á dispoñibilidade e os custos dos inestables mercados internacionais”. Así como remarcar que “Galicia non só representa o 10% da produción mineira nacional, senón que é líder en sostibilidade, con 14 empresas certificadas coa Norma UNE 22480 de Sistema de Xestión Mineira Sostible”.
A xornada virou ao redor dos retos que debe facer fronte a minería de Galicia para poñer en valor os seus recursos, dar resposta á crecente demanda da industria e impulsar o I+D+i para continuar avanzando para os obxectivos do Pacto Verde da Unión Europea. Así, pola súa banda, Paula Uría, secretaria xeral de Industria da Xunta de Galicia, destacou o liderado da Comunidade Autónoma dentro do sector e da súa importancia na dinamización socioeconómica do territorio.
“É necesaria a colaboración das iniciativas públicas e privadas para a consecución dos obxectivos de transición ecolóxica e dixital” sinalou Uría. A secretaria xeral de Industria da Xunta de Galicia fixo fincapé en que a minería é un sector estratéxico para a descarbonización do tecido industrial e que en Galicia téñense a experiencia, o coñecemento e os recursos necesarios para continuar crecendo e innovando. Por iso, desde a Administración vai seguir apostando pola minería sostible e responsable a través da Axenda de Impulso da Minería Sostible de Galicia 2030”.
Sobre o futuro da minería tamén falou Juan Manuel Vieites, presidente de CEG (Confederación de Empresarios de Galicia), quen mencionou que é necesario “definir novas utilidades para as materias primas, optimizar o seu aproveitamento e rendemento, e incrementar a reutilización, así como desenvolver novos sistemas de extracción e transformación”.
Pola súa banda, Francisco García Polonio, director de Strategic Minerals Corp., tamén coincidiu en que a actual crise de dependencia está a xerar novas oportunidades que hai que afrontar cunha reconsideración de estratexias que vaian “máis aló de producir algo vendible” e que impulsen o desenvolvemento colectivo. En liña con esta cuestión, desde ATIGA e en palabras do seu presidente Jesús Lago, quixeron esclarecer que actualmente Galicia é unha potencia en innovación en minería, ao contar con talento, traxectoria, tecnoloxía e programas ambiciosos.
Da mesma forma que Pablo Núñez, recalcou que “só falta facer realidade tanto as políticas, estratexias e capacidades que xa existen para facer que Europa sexa menos vulnerable, e máis competitiva e autosuficiente”. Intervención que complementou Patricia Argerey, directora de GAIN, asegurando que as diferentes administracións públicas están a mobilizar grandes recursos económicos para impulsar o I+D+i do sector.
Tanto as empresas, como os sindicatos e a administración coincidiron en que Galicia conta con gran riqueza de materias primas minerais, o que posiciona ao territorio como clave na transición enerxética. Santiago Grandal, coordinador de estratexia de R&D de AIMEN, explicou que “hai que crear cadeas de valor máis resilientes, flexibilizar de procesos de produción, reducir o consumo das materias primas e apostar pola economía circular” para ser competitivos no futuro. Da mesma forma que Venancio Salcines, presidente de EF Business School, animou ao sector para “aproveitar as oportunidades da revolución tecnolóxica que xa está en marcha para establecer un novo modelo de crecemento autosuficiente”.
Pola súa banda, Mónica Rodríguez, membro de Xunta Directiva da Agrupación industrial do Granito, destacou os grandes avances do sector nas últimas décadas, tanto a nivel tecnolóxico, como de redución do impacto ambiental como de prevención de riscos laborais. Esta evolución, xunto coa estratexia correcta, podería converter Galicia en líder na subministración de minerais para enerxías renovables (as cales non existirían sen estes recursos), solucións tecnolóxicas como chips, ou baterías de coches eléctricos, como apuntaron Eduardo Rivero, responsable do laboratorio de Vehículo Eléctrico de CTAG, e Gerardo García Alvela, director xeral de Itelsis e tesoureiro do Agrupación industrial TIC.
Todo esto está interrelacionado e conclúe no mesmo punto: o inmenso potencial de Galicia como fonte de minerais clave para a novo paradigma industrial e socioeconómico. Precisamente a Axenda de Impulso da Minería Sostible de Galicia 2030 preséntase como ferramenta para lograr todos estes retos que se expuxeron nesta segunda xornada de ‘Materiais estratéxicos para a industria galega’ e que adaptarán o actual sistema ás esixencias do futuro.