Manuel-Baltar_presidente-Deputación-Ourense

Primeiros pasos para a creación do Observatorio Mundial de Termalismo en Ourense

O pasado 28 de outubro tivo lugar o “I Cume Iberoamericana de Políticas Públicas para o desenvolvemento do Termalismo”. Nela, participaron máis de 150 directivos de entidades públicas de termalismo e relatores de 17 países de Europa e América. Foi presidida polo presidente do comité asesor de Termatalia, a Deputación de Ourense e da rede termal europea EHTTA (Asociación Europea de Cidades Históricas con Patrimonio Termal), Manuel Baltar.

No devandito encontro aprobouse a creación dun Observatorio mundial do termalismo, que tería a súa sede en Ourense. A reunión celebrouse por videoconferencia e foi organizada por Expourense.

O tema principal que se tratou foi o de analizar plans de reactivación e protocolos de prevención no sector turístico-termal, xa que a área termal podería ser un motor económico do turismo a nivel global. Tamén se expuxo solicitar á UNESCO a creación do Día Internacional das Augas Mineromedicinais. O día asignado sería o 23 de abril.

Por último, propúxose a iniciativa para solicitar ó Senado que se poida tratar nos centros termais do país aos pacientes que superasen a Covid-19.  Esta proposta xurdiu da man de dous senadores ourensáns que participaron como oíntes, Francisco José Fernández e Miguel Ángel Viso. O presidente da Sociedade Española de Hidroloxía Médica, Francisco Maraver, presentou a evidencia científica dos beneficios que ten o termalismo para os sobreviventes do virus. Posto que estes pacientes poden presentar dificultades respiratorias, trastornos cognitivos, perda de mobilidade ou problemas de ansiedade.

 

Fuente imagen: Galicia24horas