A Cámara Oficial Mineira de Galicia quere destacar a importancia que o sector mineiro ten no tecido industrial e no desenvolvemento da sociedade.
Neste sentido, con motivo da celebración da patroa dos mineiros, convoca a XVII Edición dos Premios Santa Bárbara, que terán lugar o próximo xoves 5 de decembro no San Francisco Hotel Monumento (Santiago de Compostela), para recoñecer o labor de todos os integrantes da comunidade mineira de Galicia, estimular a súa contribución ao desenvolvemento do sector e achegar o sector mineiro á sociedade, poñendo de manifesto a súa relevancia.
Recoñecemento a unha carreira meritoria que destaque polo seu bo facer no eido da minaría.
Recoñecemento a accións de divulgación e transparencia sobre o sector mineiro.
Premia aqueles proxectos encamiñados a unha xestión máis sostible das explotacións.
Descarga o formulario de presentación da candidatura e as bases do premio e envíanos a túa candidatura ao correo cmg@camaraminera.org