Protección de datos de carácter persoal

Os datos facilitados a través de formularios electrónicos e/ou mediante correo electrónico serán tratados con estrita confidencialidade de acordo co Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos), que se incorporan aos ficheiros titularidade da Cámara Oficial Mineira de Galicia e que constan inscritos no Rexistro da Axencia Española de Protección de Datos. Informamos de que o titular dos datos pode exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de conformidade coa normativa vixente,co envío por escrito dunha solicitude ao domicilio da Cámara Oficial Mineira de Galicia no seguinte enderezo: Juan Flórez 33-35, ent. esq. 15004 A Coruña.

Os datos solicitados son os estritamente necesarios para a precisa identificación do remitente, que nos permita levar a cabo tarefas básicas de xestión interna para a correcta resposta á solicitude formulada polo usuario ou á xestión do sitio web. A Cámara Oficial Mineira de Galicia mantén un compromiso de uso responsable e confidencial dos datos, e garante que estes serán tratados de acordo coas esixencias legais e só serán utilizados pola Cámara Oficial Mineira de Galicia co propósito indicado.

 

Formularios

Enviar comunicacións electrónicas por calquera medio ou cubrir os formularios incluídos no sitio web, aceptando a política de privacidade e o aviso legal, autoriza a Cámara Oficial Mineira de Galicia para o tratamento dos seus datos de carácter persoal, e deberá de realizarse, en todo caso por maiores de 13 anos. En caso de que teñan que incluírse datos de carácter persoal referentes a persoas físicas distintas das que cobren o formulario, o usuario deberá, con carácter previo á súa inclusión, informar o titular deses datos dos extremos contidos nos parágrafos anteriores e obter o seu consentimento.

Se o usuario non facilita os datos sinalados como obrigatorios no formulario correspondente, a Cámara Oficial Mineira de Galicia podería verse impedida para dar unha resposta adecuada á súa solicitude ou prestar o servizo solicitado.