27 Ago Ourense convertirase en setembro na capital internacional do termalismo
Os próximos días 18, 19, 20 e 21 de setembro, Ourense acollerá Termatalia (19ª Feira Internacional do Turismo Termal, Saúde e Benestar) e o Simposio Internacional de Termalismo e Calidade de Vida.
Termatalia é un salón dedicado ao turismo termal, o termalismo, a talosoterapia e o spa. Unha feira onde os traballadores do sector danse cita para ensinar os seus produtos e servizos e fomentar a cultura da auga; e que serve de instrumento de cooperación público-privada para o desenvolvemento do turismo de saúde e benestar.
Trátase da quinta edición do congreso internacional e da segunda levada a cabo en Galicia.
Despois do éxito obtido tras a edición de 2018 celebrada en Brasil, Termatalia reforzará o seu carácter de ponte termal entre Europa, Asia e América converténdose nun centro de negocios e coñecemento que reunirá a profesionais de máis de 30 países.
Dentro da feira haberá espazo para dúas xornadas técnicas no III Simposio Internacional de Termalismo e Calidade de Vida, que terá lugar os días 18 e 19 de setembro co obxectivo de tratar o interese científico das augas mineromedicinales e termais. Esta terceira edición, organizada pola Universidade de Vigo, virará ao redor de 4 áreas temáticas:
Augas mineromedicinais e termais: caracterización e aproveitamento
- Caracterización físico-química das augas termais e mineromedicinais. Hidroxeoloxía.
- Análise e control de calidade de augas.
- Aproveitamentos tradicionais e novas orientacións de uso (enerxía, cosmética, etc.).
- Marco xurídico e administrativo da auga termal.
Benestar e Saúde
- Resultados terapéuticos das augas mineromedicinais.
- Miscelánea.
Turismo Termal
- Termalismo sénior.
- Termalismo transfronteirizo.
- Planificación e promoción.
- Xestión e administración de centros termais.
- Iniciativas en termalismo para combater o despoboamento e valorizar as zonas rurais.
Investigación e Innovación Tecnolóxica en Termalismo
- Aplicación das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC).
- Innovacións en instalacións, cosmética, deporte e outros ámbitos relacionados co termalismo.
- Novos materiais, mecanismos de control e automatismo.
- Recursos enerxéticos.
- Miscelánea.
Para saber máis sobre Termatalia 2019: https://www.termatalia.com/index.php
Para saber máis sobre o III Simposio Internacional de Termalismo e Calidade de Vida: https://www.uvigo.gal/eventos/es/simposio-termalismo/simposio/