13 Set O presidente da Cámara Mineira protagoniza a ‘Xornada sobre almacenamento enerxético’ de Cluergal
O venres 13 de setembro, o Clúster de Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal), coa colaboración da Xunta de Galicia, organizou en Santiago a primeira xornada de almacenamento enerxético en Galicia, á que han asistiron preto de 200 profesionais do sector. O encontro contou coa presenza e intervención de Juan José López Muñoz, presidente da Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG).
Na súa intervención, o presidente da COMG destacou a semellanza entre ambos os sectores e a necesidade de que a sociedade os vexa como algo necesario para todas as cadeas de produción.
Ao mesmo tempo, remarcou a sinerxia que se pode xerar entre operadores enerxéticos e operadores mineiros, tanto durante a etapa de explotación e desenvolvemento de proxectos, como nas etapas posteriores de restauración, puidendo aproveitar os ocos mineiros como balsas para bombeos reversibles hidroeléctricos.
Finalmente, destacou a necesidade de que tanto os proxectos de renovables, como os proxectos mineiros, se desenvolvan inmediatamente en Galicia, ante a urxencia do cumprimento das obrigacións impostas da axenda 2030. A este respecto declarou que “é necesaria seguridade xurídica para que os nosos promotores sexan capaces de captar fondos para desenvolver os nosos proxectos con total tranquilidade”.