29 Xan O futuro de Cupa Group resólvese co seu transpaso a Brookfield
Carlyle pechou a venda de Cupa. O fondo canadense Brookfield foi elixido para comprar o xigante louseiro, fundado en León no século XIX. E valora a compañía nuns 900 millóns.
Carlyle fíxose con Cupa en 2016, cando adquiriu a participación que ata ese momento ostentaban Abanca e as familias fundadoras. En 2021 decidiu activar o proceso de venda, unha operación para a que contratou a Morgan Stanley.
Desde a Cámara Oficial Mineira de Galicia celebran este cambio de accionariado e confían no enfoque da nova propietaria e a súa aposta polos principios da minería sostible, así como o seu reintegro na COMG.
A idea do novo accionista é manter a estratexia da compañía, que nos últimos anos baseouse nun agresivo crecemento con compras. Unha das últimas foi Proinor, coa que alcanzou os 300 millóns de facturación e os 2.200 empregados.
A compañía pechou o exercicio de 2020 cuns ingresos de 242,64 millóns.