
18 Dec O Clúster do Granito celebrou unha xornada sobre sustentabilidade no sector
O Clúster do Granito celebrou o pasado 17 de decembro a través do Centro Tecnolóxico do Granito unha xornada virtual para coñecer en detalle o obxecto e o alcance do traballo realizado durante 2021 en termos de sustentabilidade.
Durante este webinar presentáronse os proxectos realizados coa colaboración da Xunta de Galicia, e que teñen a sustentabilidade como factor clave. En concreto, a xornada centrouse nas Ecoetiquetas tipo III (DAP) e na implantación das normas de Xestión de Minaría Sostible UNE 22480:2019 e UNE 22470:2019.