censo-minero (1)

O Censo Catastral Mineiro de Galicia xa funciona con normalidade

O Censo Catastral Mineiro de Galicia é unha aplicación web desenvolvida pola Cámara Oficial Mineira de Galicia e a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Xunta de Galicia, na que se describe a situación xeográfica e administrativa dos dereitos mineiros existentes en Galicia.

Durante os últimos meses, debido a problemas no servidor, rexistráronse varios fallos que impedían a utilización da aplicación. Tras resolver estes erros, a aplicación web do Censo Catastral Mineiro de Galicia volve funcionar con normalidade desde este xoves.