museo-mineria-valdeorras

O Barco de Valdeorras terá o seu museo da minaría

Sharing is caring!

O concello do Barco de Valdeorras (Ourense) ultima os detalles para a creación dun museo que reflicta e poña en valor a actividade mineira levada a cabo na comarca de Valdeorras ao longo da súa historia.

O obxectivo do museo é ser un novo recurso turístico para a localidade, tal e como indicaron Alfredo García, alcalde do Barco; e Margarida Pizcueta, concelleira de Cultura.

Aínda non se coñece onde estará situada a sede do museo, pero será un espazo no que convivirán mostras a minería de lousa, de ouro e de wolframio.

Desde esta semana xa se puido ver parte deste fondo en In Terra Gigurrorum, unha exposición centrada na romanización da comarca, con pezas achegadas entre a década dos sesenta e os setenta por Os Escarvadores (os precursores da arqueoloxía no oriente de Ourense), así como varias pezas atopadas recentemente polo arqueólogo Santiago Ferrer.

Así mesmo, este sábado 26 de outubro haberá unha visita guiada ao xacemento de O Castelo.