05 Mai O alza dos metais industriais, símbolo da recuperación económica
O primeiro trimestre do ano 2021 caracterizouse por unha tendencia alcista no prezo de diversos metais industriais. O paladio, o platino ou o cobre acadaron cifras históricas, especialmente este último que se sitúa na súa cifra máis alta da última década e os analistas prevén que o incremento sexa aínda maior superando con creces o récord de 10.190 dólares/tonelada que acadou no 2011.
Explican os expertos que este aumento pode explicarse desde dúas perspectivas: a recuperación económica e a transición enerxética. A cada vez máis cercana antiga normalidade xenerou un aunmento do gasto en certos países nestas materias derivado do incremento da demanda de bens en detrimento do sector servizos que foi o máis sufrido. Ademaís, o estrito parón da produción e loxística a inicios da pandemia, contribuiu en grande medida á revalorización destos metais. Sen embargo, algúns expertos especulan que esta situación é coxuntural e que en canto o sector servizos recupérese, a situación volverá a niveis normales pre-pandemia.
A transición enerxética tamén é un factor clave para explicar este incremento. Coa maioría de gobernos a nivel mundial trantando de dar o paso a enerxías renovables como a eólica, a solar ou a xeotérmica, o cobre vólvese un elemento esencial. Así mesmo, a crecente febre dos coches eléctricos non fai máis que reforzar estas previsións de escasez da oferta.