07 Mar O alumnado da Universidade de Vigo poderá realizar prácticas laborais na COMG
O presidente da Cámara Oficial Mineira de Galicia, D. Juan de Deus Martín Aparicio, e o reitor da Universidade de Vigo, D. Salustiano Matogueira, acaban de asinar un acordo de colaboración que lle permitirá ao alumnado desta universidade realizar prácticas laborais na entidade cameral.
A iniciativa enmárcase no compromiso da Cámara Oficial Mineira de Galicia co fomento do ensino da minería. Neste marco de acción, a entidade mantén unha estreita colaboración coas universidades galegas e, en especial, coa de Vigo, por ser a única que imparte a titulación de Enxeñería de Minas en Galicia.
Realidade laboral
O obxectivo é manter sempre un estudante en prácticas na entidade, exercendo funcións que lle permitan completar a súa formación e achegarse á realidade laboral. Para o seguimento do seu traballo dispoñerá dun titor na Cámara que deberá supervisalo e facilitarlle a información e os medios precisos para desenvolver o seu labor. Este titor deberá tamén emitir un informe final avaliando diversos aspectos, como a capacidade técnica, de aprendizaxe, de adaptación ou a responsabilidade, entre outros.
O estudante terá tamén un titor académico designado pola Universidade de Vigo, que estará permanentemente informado da evolución das prácticas e a quen se lle remitirá o informe final.