25 Xuñ Exitosa acollida do webinar sobre as estratexias clave para formar consorcios en proxectos europeos de I+D+i
A mañá do 25 de xuño celebramos o primeiro webinar de 2024, organizado pola Oficina de Impulso de Proxectos Europeos (OIPE), nacida fai case un ano co apoio da Xunta de Galicia. Nesta xornada abordáronse os aspectos máis relevantes da búsqueda e formación de consorcios na captación de financiación europea para iniciativas no eido da I+D+i. A dinámica da xornada foi unha mesa redonda na que contamos coa experiencia dun axente clave nesta materia: o Centro Tecnolóxico de Investigación Multisectorial – CETIM.
Mediante a abordaxe do caso de éxito do proxecto europeo H2020 BIORECOVER, a Dra. Rebeca Varela (responsable da oficina de proxectos europeos de CETIM), realizou unha ilustrativa presentación de tódalas fases e ferramentas necesarias para a constitución exitosa de consorcios: elaboración do Project note, avaliación das necesidades e os instrumentos existentes para a identificación e contacto cos partners, puntos de contacto nacionais, procesos de negociación, etc. Para finalizar, a relatora trasladou diferentes consellos para ter en conta á hora de facer fronte a estos procesos e para a incorporación dos interesados en consorcios existentes.
Seguido disto, os asistentes plantexaron á relatora diferentes preguntas de xeito moi participativo, evidenciándose a diversa natureza das súas responsabilidades: dende técnicos e facultativos de empresa ata investigadores de centros de coñecemento fixeron verdadeiramente enriquecedora a dinámica da mesa.
Podes visualizar o vídeo da xornada premendo na seguinte ligazón. Se estás interesado en recibir a presentación proxectada durante o webinar, podes escribir a camaraimpulsa@camaraminera.org.