AGENDA
O actual Regulamento de Seguridade contra Incendios nos Establecementos Industriais (RSCIEI) data do 2004. O Goberno revisou o actual marco normativo de protección contra incendios e, en breve, aprobará un novo Regulamento. Este novo Regulamento será unha peza básica que as entidades aseguradoras terán en conta á hora de subscribir os riscos das empresas.
A Fundación Inade organiza unha xornada gratuíta na que se falará sobre as súas liñas xerais e a súa repercusión, tanto nas empresas como no sector asegurador. O encontro celebrarase o mércores 26 de xuño de 09:15 h. a 11:30 h. no Círculo de Empresarios de Galicia (Rúa de García Barbón, 62, 36201, Vigo).
Pode consultarse o programa da xornada e inscribirse de xeito gratuito a través da seguinte ligazón.