AGENDA
Almorzo coloquio titulado “Galicia. Un estilo propio” con Alfonso Rueda, candidato do Partido Popular (PP) á presidencia da Xunta de Galicia, impulsado polo Círculo de Empresarios de Galicia no marco do “Ciclo eleccións autonómicas 2024”. O presentador será Carlos Botana, presidente da Autoridade Portuaria de Vigo.
Evento exclusivo para socios do Círculo de Empresarios de Galicia. O prezo do almorzo son 40€. Aforo limitado. Reservas antes do 29 de xaneiro.