4

Convócanse eleccións para a renovación do 50% dos membros da Xunta Directiva da COMG

En virtude do artigo 37 do Regulamento do Réxime Interior da Cámara Oficial Mineira de Galicia, o Presidente da Cámara, D. Juan José López Muñoz, no exercicio das súas funcións, acordou a apertura dun proceso electoral para a renovación do 50% dos membros da Xunta Directiva con data 10 de xaneiro de 2024.

O calendario, a documentación e toda a información relativa ao proceso electoral está dispoñible na seguinte ligazón: Eleccións COMG 2024 – Cámara Mineira.

Se tes algunha dúbida ou desexas solicitar máis información, podes facelo a través da seguinte dirección de correo electrónico: cmg@camaraminera.org.