A MINARÍA EN GALICIA

A minaría en Galicia non é unha actividade nova, xa que se recoñece a súa existencia desde a prehistoria. A situación actual é froito dunha evolución histórica e unha cultura propia que conseguiron converter á galega nunha das primeiras comunidades españolas por nivel de produción.

A minaría está presente en practicamente toda a actividade humana, xa que, exceptuando a madeira e as fibras naturais, todos os materiais empregados polo ser humano para o seu desenvolvemento son de base mineral. De feito, cada europeo consome unha media anual de entre 5 e 10 toneladas de produtos minerais e estímase que ao longo da súa vida cada cidadán da UE consumiría máis de 400 toneladas de produtos extraídos do subsolo.

Unha facturación aproximada de

600

Millóns de euros anuais

Co granito e a lousa como principais produtos mineiros, Galicia lidera os mercados nacionais e internacionais de exportacións e facturación. Desta forma, o sector mineiro ten un papel fundamental no tecido industrial galego, pola riqueza que representa e os postos de traballo que proporciona.

Os minerais de Galicia están presentes nas obras públicas (formigón, cemento, cristal, asfalto…), na construción (granito, lousa e áridos), na industria (metais e minerais industriais) e son elementos crave para unha economía de baixas emisións de carbono (enerxías renovables, electricidade, tecnoloxía…).

Os minerais de Galicia están presentes nas obras públicas (formigón, cemento, cristal, asfalto…), na construción (granito, lousa e áridos), na industria (metais e minerais industriais) e son elementos crave para unha economía de baixas emisións de carbono
(enerxías renovables, electricidade, tecnoloxía…).

Por que é importante a minaría?

A actividade mineira é compatible con outros sectores, como o agrícola, o forestal e o da enerxía eólica.

As explotacións mineiras de Galicia só ocupan o 1,4% do territorio e o fan de maneira temporal

Una vez terminan las operaciones mineras el terreno puede devolverse para un uso agrícola, forestal, industrial o de energía eólica.

A minaría de Galicia é un sector de pemes e de familias, 

con longos historiais de xeracións dedicadas ás explotacións. O 97% dos titulares de dereitos mineiros son
pemes. O 95% delas teñen sede en Galicia. O 88% dos dereitos mineiros de explotación están concedidos a PEMEs. Trátase dunhas cifras similares ao resto dos sectores económicos rexionais..

En Galicia non existe nin existirá mega minería.

As minas das Pontes (9 km2) e a de Meirama (3 km2) están xa rehabilitadas. A mina de Touro pretende operar en 0,6 km2 de terreo. En países altamente industrializados e desenvolvidos como Alemaña hai minas de 48 km2, en Canadá, de 42 km2 e en EE.UU, de 40 km2. En Rusia, Indonesia e Chile hai explotacións que cobren até 100 km2.

Todas as explotacións mineiras están obrigadas por lei a ter

un proxecto de restauración antes de comezar a extracción.

O proxecto de restauración ten como principal obxectivo que os terreos recuperen ou melloren as condicións que existían
antes de que o lugar fose explotado; ou ben adecualo a condicións compatibles co hábitat natural da zona.