A MINARÍA, EN CIFRAS

Os recursos xeolóxicos son bens de dominio público que forman parte da riqueza nacional e son a materia prima necesaria para a industria, a construción, a agricultura e a gandaría.

O aproveitamento dos recursos xeolóxicos está declarado, na maioría dos casos, como de utilidade pública pola súa importancia estratéxica e económica. A execución da actividade mineira está encomendada a empresas privadas por medio de concesións e autorizacións, baixo a estrita supervisión e control das administracións.

ESTATÍSTICA MINEIRA 2022 – GALICIA

  • Galicia representa o 8,4% do valor da produción mineira de España (0,2% máis que no ano 2021) con 329,8 millóns de euros (48,2 millóns de euros máis que en 2021).
  • Galicia segue a ser a 4ª comunidade en valor de produción, por detrás de Andalucía, Cataluña e Castela e León, e sitúase no 3º posto en emprego mineiro, cun total de 4.552 empregos directos, contando con Balnearios e instalacións de auga embotellada, dos que 986 son de xénero feminino, o que supón un 21,66% do emprego (2,2% máis que en 2021).
  • Galicia mantense líder na produción de rochas ornamentais, aumentando un 2% con respecto ao ano 2021, co 41,8% da produción nacional.
  • Galicia é líder na produción de lousa con uso ornamental, co 45,8% da produción española distribuida en 39 explotacións, o 49% das explotacións totais.
  • Galicia é líder na produción de granito ornamental en España, xerando o 34,2% das toneladas totais extraídas, dispoñendo dentro da comunidade de 42 explotacións, que representan o 50% das explotacións nacionais.
  • Galicia é líder na produción de cuarzo, co 69,2% da produción nacional e o 50% do valor das exportacións nacionais.
  • Galicia é líder nacional no subsector Balnearios, co 18,45% da oferta e o 19,22% da cota de mercado nacional; e en España, en 2022, envasáronse 150 marcas de auga mineral, sendo 12 as firmas galegas.

Datos por subsector 2022

*Explotacións *Empregados *Produción (T) *Produción (€)
Áridos 90 9.090.150 55.049.781  
Cerámica 13 292.116 5.871.875  
Granito 56 591.425 31.268.895   
Lousa 39 470.736 154.066.699  
Minerais industriais 14 2.521.836 43.605.702  
Minaría metálica 2 443 s.e.
Total 214 3.621 12.966.706   329.841.719  
Augas Minerais 13 438.331.052 litros   
Balnearios 19 170.017 auguistas   
*Explotacións

Fonte:
Estatística Mineira. Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.
Nota:
Explotacións activas, dadas de alta como ‘en produción’.

*Empregados

Fonte:
IGE. Instituto Galego de Estatística.

*Produción (T)

Fonte:
Estatística Mineira. Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

*Produción (€)

Fonte:
Estatística Mineira. Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.
Nota:
Este é o prezo de ‘primeira venda’ da produción a pé de canteira. Non inclúe o valor engadido nos procesos industriais e de comercialización posteriores, que no caso das rochas ornamentais multiplica o valor de última venda.