26 Set A COMG apoia a posta en valor das minas de estaño e wolframio de Marco dos Valentes en Ourense
O concello de Sarreaus, en Lodoselo (Ourense) ten un rico patrimonio industrial e mineiro. Por iso, desde o Centro de Desenvolvemento Cultural de O Viso está a facerse unha labor de recompilación de testemuños dos habitantes da zona que traballaron nas minas.
A intención é que non se perda a memoria mineira asociada a este concello e por iso, empezouse a construír tamén un pequeno museo denominado ‘Casas da Memoria’. Un proxecto que a Cámara Oficial Mineira de Galicia apoiará para 2023 e polo que xa mostrou o seu interese, coa visita da directora da entidade, Arantxa Prado á zona.
Os primeiros pasos para poñer en valor esta zona histórica, é o estudo xeo-mineiro das minas Marco dos Valentes, nas que se explotaron filóns de estaño e wolframio. E, así mesmo, preténdese identificar os elementos visibles con potencial de estudo e conservación da actividade mineira que existiu na zona como parte do patrimonio industrial desta contorna.
Estes datos enriquecerán o coñecemento sobre o patrimonio xeolóxico e mineiro desta zona que é un dos máis descoñecidos de Galicia.