Asemblea Ordinaria COMG de 3 de abril de 2025
Asemblea Ordinaria COMG de 3 de abril de 2025
Segundo o aprobado na reunión da Xunta Directiva da Cámara Oficial Mineira de Galicia do 20 de marzo, a Presidenta acorda convocar a Asemblea en sesión ordinaria o vindeiro xoves 3 de abril, que se levará a cabo en Santiago de Compostela, na Finca da Rocha (ubicación).
A Asemblea Ordinaria da COMG terá lugar ás 09:30h. en primeira convocatoria e ás 10:00h. en segunda convocatoria. Contaremos coa presenza de representantes de Consellería de Economía e Industria
Ás 12:00h. haberá un descanso para tomar un café, e ás 12:30h. terá lugar unha xornada onde se porá en valor o potencial mineiro do noso país, da man de D. Jesús Portillo García-Pintos, Director General de Minas da Junta de Andalucía, e de D. Pablo Fernandez Vila, Director Xeral de Planificación Enerxética e Minas da Xunta de Galicia.
Debido ao limitado número de prazas, é obligatorio confirmar asistencia previamente enviando mail a cmg@camaraminera.org. O prazo para inscribirse remata o luns 31 de marzo.
Podes consultar o programa da Asemblea na seguinte ligazón.