01 Mar Asamblea Ordinaria 20-03-2018
Segundo o aprobado na reunión da Xunta Directiva da Cámara Oficial Mineira de Galicia ( COMG) celebrada con data 27/02/2018, o Presidente acorda, en data 28/02/2018, convocar a Asemblea en sesión ordinaria o vindeiro martes 20 de marzo; no Hotel Palacio do Carmen de Santiago de Compostela, rúa Oblatas s/n (ver ubicación).
A Asemblea Ordinaria da COMG terá lugar ás 09:30 h en primeira convocatoria e 10:00 h en segunda, coa seguinte Orde do Día en virtude do artigo 17 do Reglamento de Régimen Interior (RRI):
A continuación, ás 11.30 h terá lugar un descanso para tomar un café, seguido ás 12.00 h da xornada Novidades da lei 5/2017. Garantías para a rehabilitación de espazos mineiros, e un xantar ás 15:00 h, dos cales se informará proximamente.
Para facilitar a organización, rógase confirmar asistencia mediante correo electrónico (cmg(a)camaraminera.org) ou teléfono (981 139 663).
Achégase o modelo de delegación de voto e a listaxe de socios electores e elexibles con dereito a voto na Asemblea, segundo o artigo 15.2 do RRI.
Poderán presentarse reclamacións a esta listaxe, ben por correo ordinario ou electrónico (cmg(a)camaraminera.org), ata o día 18 de marzo, inclusive, que serán resoltas na Asemblea.