As redes sociais de Minaría Sostible de Galicia baten o seu récord de seguidores

Despois de dous anos desde a creación dos perfís en redes sociais de Minaría Sostible de Galicia, estes lograron bater récord en número de seguidores.

A plataforma de divulgación, impulsada pola Cámara Oficial Mineira de Galicia e na que tamén participan as asociacións sectoriais da industria extractiva galega, colexios profesionais e a Universidade, acumula xa unha comunidade de 2.045 seguidores en LinkedIn.

Mentres que o perfil de Instagram, que conta con pouco máis dun ano de vida, supera os 660 seguidores.

A clave do aumento no fluxo de ambas as redes sociais débese ás campañas dos vídeos ‘Son mineiro’ e ‘A importancia da minaría’, así como ás infografías e ós posts que recollen as últimas noticias do sector;  todos destinados a achegar á sociedade xeral o sector mineiro.